viernes, 12 de octubre de 2018

3º ESO. PROXECTO DE INVESTIGACIÓN I

A materia de Bioloxía e Xeoloxía pretende neste curso que coñezades o voso corpo e o entorno no que vivimos. Na parte de Bioloxía, é tan importante a anatomía e a fisioloxía dos nosos aparatos e sistemas, como os hábitos de vida que os manteñen sanos, así como posibles enfermedades que os afectan.
Neste punto, imos comezar co noso primeiro traballo de investigación, que ten que ver coa dieta que cada un levamos e o análise persoal da mesma. Aquí vos colgo as instruccións para este traballo e tamén unha táboa para o cálculo de calorías.
A traballar!

ANATOMÍA APLICADA. 1º BAC. PROYECTO DEPORTIVO DE CENTRO. INVESTIGACIÓN I.

A materia Anatomía Aplicada ten como obxectivo que acadedes, alumn@s de 1º de bacharelato, un coñecemento anatómico e fisiolóxico do noso corpo, así como todos os hábitos e dietas que favorezan o bo funcionamento do organismo.
Está moi relacionado co Proxecto Deportivo de Centro que este curso arrinca no Illa de Tambo, polo que imos participar nel cos traballos que tedes encomendados para esta materia e curso.
Esta é a documentación que vos axudará a realizar a investigación desta 1º avaliación relacionada co seguinte tema: HORMONAS E DEPORTE.
Dedicaremos unha sesión semanal para que traballedes nesto. Espero aproveitedes o tempo, senón teredes que facelo no voso tempo libre.
Iremos publicando aquí os traballos que vaiades presentando.
Ánimo e a investigar!!!