lunes, 21 de enero de 2019
viernes, 11 de enero de 2019
3º ESO. PROXECTO INVESTIGACIÓN II. SAÚDE E ENFERMIDADE
"Sólo investigando se aprende a investigar”
Preséntovos aquí a metodoloxía para facer o traballo de investigación desta 2ª avaliación.
O primeiro que faremos é:
1°) Seleción do tema2°) Identificación dun problema: identificar un aspecto non coñecido dentro da área a tratar.
3º) Elaboración da investigación
O traballo debe estar en formato dixital e debe conter os seguintes apartados:
a) Portada: deberá conter o nome dos alumnos autores do traballo e o título do mesmo. Tamén o nome do profesor tutor do traballo e do centro.
b) Índice: reflexa a organización do traballo e os apartados que se van tratar.
c) Introdución: nela expomos o tema a tratar e por qué nos decidimos por el. Tamén a metodoloxía que seguiremos e o que esperamos conseguir con esta investigación.
d) Desenvolvemento: expresamos coas nosas palabras toda a información que temos sobre o tema, así como vídeos, fotos, entrevistas...que fixeramos ou atopasemos.
e) Conclusión: contamos os resultados do noso traballo, se acadamos os obxectivos perseguidos, se resolvimos as nosas dúbidas sobre o tema, se nos foi fácil ou difícil conseguir a información...
f) Opinión personal: expresaremos qué nos parece o resultado final que obtivemos e o que aprendemos coa realización da investigación.
3ºESO. UD 5: A COORDINACIÓN DO NOSO CORPO
Déixovos aquí a UD 5 completa. Xa podedes pórvos a estudar. Ánimo!!
lunes, 7 de enero de 2019
1º BAC. ANATOMÍA APLICADA. PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO 2018-19. IES ILLA DE TAMBO.
Deixo aquí algúns dos vosos traballos de investigación da 1ª avaliación, cos que participamos no PDC. O tema é HORMONAS E DEPORTE.
viernes, 4 de enero de 2019
3º ESO. PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO 2018-19. IES ILLA DE TAMBO.
1ª AVALIACIÓN.
Deixo aquí algúns dos vosos traballos de investigación sobre Dieta e saúde.
Deixo aquí algúns dos vosos traballos de investigación sobre Dieta e saúde.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)