"Sólo investigando se aprende a investigar”
Cómo facer un traballo de investigación?
O primeiro que faremos é:
1°) Seleción do tema.
2°) Identificación dun problema: identificar un aspecto non coñecido dentro da área a tratar.
3º) Elaboración da investigación.
O traballo debe estar en formato dixital e debe conter os seguintes apartados:
a) Portada: nome dos alumnos autores do traballo e o título do mesmo. Tamén o nome do profesor tutor do traballo e do centro.
b) Índice: reflexa a organización do traballo e os apartados que se van tratar.
c) Introdución: nela expomos o tema a tratar e por qué nos decidimos por el. Tamén a metodoloxía que seguiremos e o que esperamos conseguir con esta investigación.
d) Desenvolvemento: expresamos coas nosas palabras toda a información que temos sobre o tema, así como vídeos, fotos, entrevistas...que fixeramos ou atopasemos.
e) Conclusión: contamos os resultados do noso traballo, se acadamos os obxectivos perseguidos, se resolvimos as nosas dúbidas sobre o tema, se nos foi fácil ou difícil conseguir a información...
f) Opinión personal: expresaremos qué nos parece o resultado final que obtivemos e o que aprendemos coa realización da investigación.