Resulta bastante peculiar que as excrecións dos vexetales non sexan como as dos animais. A resina protexe ó seu productor. Servell ás plantas ou árbores para protexerse das infeccións ó conter substancias bastante tóxicas como para matar fungos ou microorganismos dañinos para o organismo.
A cantidade de excrecións, en comparación á dos animais é menor debido a que as plantas teñen un nivel metabólico máis baixo. Empregan as súas follas para eliminar a materia que xa non lles sirve así como o exceso de auga á través da transpiración. Nelas, así como noutras partes da súa estructura, atópanse glándulas exocrinas encargadas de eliminar auga e néctares.
Se a excreción das plantas é singular, tamén o é a súa nutrición. A meirande parte dos vexetais só requiren captar agua, sales minerais e nutrientes a través das raíces. Pola súa parte, as plantas carnívoras, requiren de proteína animal para cubrir completamente os seus requerimentos enerxéticos.
Para facer subir os nutrientes da tierra ata a folla máis alta empregan un sistema de “bombeo”. Trátase dun proceso físico no que a auga que se evapora polas súas follas xera un vacío que provoca un sistema de succión a modo de bomba aspirante que lle permite nutrirse.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.