"Sólo investigando se aprende a investigar”
Preséntovos aquí temas e metodoloxía para facer o traballo de investigación desta 2ª avaliación.
O primeiro que faremos é:
1°) Seleción do tema2°) Identificación dun problema: identificar un aspecto non coñecido dentro da área a tratar.
3º) Elaboración da investigación
O traballo debe estar en formato dixital, powerpoint preferiblemente, e debe conter os seguintes apartados:
a) Portada: deberá conter o nome dos alumnos autores do traballo e o título do mesmo. Tamén o nome do profesor tutor do traballo e do centro.
b) Índice: reflexa a organización do traballo e os apartados que se van tratar.
c) Introdución: nela expomos o tema a tratar e por qué nos decidimos por el. Tamén a metodoloxía que seguiremos e o que esperamos conseguir con esta investigación.
d) Desenvolvemento: expresamos coas nosas palabras toda a información que temos sobre o tema, así como vídeos, fotos, entrevistas...que fixeramos ou atopasemos.
e) Conclusión: contamos os resultados do noso traballo, se acadamos os obxectivos perseguidos, se resolvimos as nosas dúbidas sobre o tema, se nos foi fácil ou difícil conseguir a información...
f) Opinión personal: expresaremos qué nos parece o resultado final que obtivemos e o que aprendemos coa realización da investigación.
Temas a elixir (se se vos acorre algún outro tema, comentádemo e valoraremos a proposta):
- Saúde e enfermidade. Hábitos de vida saudables. Como previr as enfermidades.
- O sistema inmunitario. Que é?. Como funciona? Beneficios do deporte no seu mantemento.
- Enfermidades infecciosas. Transmisión. As máis común no mundo do deporte.
- Enfermidades non infecciosas. Exemplos de enfermidades típicas dalgún deporte.
- Transplantes. Importancia do dunha vida saúdable nas persoas transplantadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.